Mediante Resolución ditada pola Directora Xeral de Administración Local concedéuselle ao Concello da Ribeira de Piquín ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva , destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. (Diario Oficial de Galicia núm. 110 do 15 de xuño de 2026), unha subvención por importe de 30.000,00 € coas seguintes caracterísiticas:

Denominación do proxecto:

Adquisición de tractor para labores de prevención de incendios forestais

Obxecto do proxecto:

  • Adquisición de vehículos e/ou as súas adaptacións para mantemento e limpeza preventiva dos contornos de vías e camiños municipais.

Custe elexible do proxecto: 128.750,00 €

Importe da subvención: 30.000,00 €

Axuda FEDER (60%): 30.000,00 €

Encádrase na estratexia do programa, os principais retos e as respostas estratéxicas, de maneira seguinte:

– Obxectivo político 2, que busca unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara unha economía con cero emisións netas de carbono e resilente promovendo, entre outras medidas, unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible. Dentro deste obxectivo, as medidas de fomento reguladas nesta orde sitúanse na prioridade P2A Transición verde.

– Obxectivo específico RSO2.4, Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resilencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas.

– Actuación 2.4.05. Medidas de prevención e extinición de incendios.

– Categoría de rexión: En transición

– Cadro de categorías [46], segundo o establecido no programa:

– Dimensión 1, Tipo de intervención:

059. Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: incendios (incluidas accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos)

– Dimensión 2. Forma de axuda: Subvención

– Dimensión 3: Mecanismo de intervención territorial: 26-Cidades, municipios e extrarradio.

– Dimensión 4. Actividade económica: 01- Agricultura e silvicultura.

– Dimensión 5. Localización de operación: ES112

– Dimensión 6. Igualdade de xénero: 03_Neutralidade dende o punto de vista de xénero.

Os indicadores de realización asociados a esta axuda son os seguintes:

– Identificador: RCO24

Nome: Investimentos en sistemas novos ou mellorados de seguimeno, preparación, alerta e resposta ante catástrofes.

Unidade de medida: €

Valor estimado para esta operación: 30.000,00 €

– Identificador: RCO28.

Nome: Xona cuberta polas medidas de protección fronte aos incendios forestais

Unidade de medida: hectáreas.

Valor estimado para esta operación: 6.189 ha

A axuda concedida contribuirá á consecución dos seguintes indicadores de resultado:

– Identificador: RCR36

Nome: Poboación que se beneficia da protección fronte aos incendios forestais.

Unidades de medida: persoas

Valor de referencia: 549 persoas