Proba outro tamaño de fonde: 60% 70% 80% 90%
Concello de Ribeira de Piquín
Un paraiso para todos os sentidos

Etnografía

HórreoTodo o termo municipal está cheo de lendas de tradición oral, chegada ata os nosos días pola voz dos máis anciáns do lugar; con todo, esta grande riqueza histórica e etnográfica estase a perder pola falta de interese das novas xeracións.

O antiquísimo costume de sentarse ante o lume, nas noites de inverno, para escoita-los sabios consellos e recomendacións das xeracións lonxevas, foi sustituida por novos avances tecnolóxicos, que nada teñen que ver co acougo e a tranquilidade ó pé do fogar.