Concello de Ribeira de PiquínAnexo da parroquia de Santa María de Carballido e pertencente ó arciprestazgo de A Fonsagrada. Os seus 62 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados nas entidades de Acebro, Frebal, Navallo e Pena de Cabras, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 12'4 hab./Km2.
Freguesía pertencente ó arciprestazgo de A Fonsagrada que no ano 1991 contaba con 179 habitantes agrupados nas entidades de Baos, Cartea, Invernego, Muxen, Ouviaña y Seoane, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 8'7 hab./Km2. Dentro do termo parroquial temos varios exemplos de arquitectura relixiosa: o templo parroquial e as capelas de San Caetano, San Bartolomeu, San Luis, Santa Ana, Santo Estevo e Santa Catarina.
Freguesía anexa da parroquia de Santa Baia de Piquín e pertencente ó arciprestazgo de Luaces, do cal a poboación era, en 1991, de 73 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Esqueira, Montefurado, Navallos, Penacova e Vara, sendo a densidade media de 8'4 hab./Km2.
Freguesía pertencente ó arciprestazgo de Luaces, delimitada polos termos parroquiales de Seixosmil e Acebo polo Norte, Navallos e Santabaia de Piquín polo Sur, Carballido e Baos polo Este e Seixosmil e Meira polo Oeste. Segundo o censo de 1991 contaba con 370 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Acebedo, Barcia, Cuíñas, Chao do Pousadoiro -capital do Concello- Meiroi, Mestre, Paíme, Pousadoiro, Sadrarín, San Xurxo, San Fiz e Soutelo, sendo a súa densidade media de 15'6 hab./Km2. Nun documento do mosteiro de San Xoan de Mera, datado no ano 985, a monxa Gudilona, filla de Froilán, fai doación da vila que se chama "Soutelo del Eo", que se acha "en los montes que dividen Asturias y Galicia", e que recibira dos seus pais Ero e Gudeguia.
Freguesía pertencente ó arciprestazgo de Luaces, delimitada polos termos parroquiais de Navallos e San Xurxo de Piquín polo Norte, Martiño e Piñeira polo Sur, Baos e Pacios polo Este e Lúa e Pacios polo Oeste. Os seus 370 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados nas entidades de Barangón, Boel, Cabaceira, Figueiras, Lamas, Outariz, Piquín, Santabaia, Vilares e Vilarpescozo, sendo a densidade media de 16'9 hab./Km2. O 19 de Novembro de 1184, o rei Fernando II, gran benefactor do convento de Meira, concédelle o realengo de Santabaia. Con anterioridade, nos inicios do reinado de Alfonso IX, Urraca Gómez, irmá do conde Gómez de Trastámara, arrepentíndose de quebranta-la xurisdición do coto do mosteiro, ofrécelles en compensación as súas posesións de Santa María de Rostrigos e Santabaia de Piquín. O vínculo da casa-torre de Santabaia de Piquín foi fundado polo capitán Pedro López Rancaño, sendo sucesores do mesmo o capitán Pedro López de Rancaño y Pita e o almirante da armada naval de Flandes, Bartolomé de Rois y Luaces. O templo parroquial posúe no interior interesantes retablos, de época barroca.