Proba outro tamaño de fonde: 60% 70% 80% 90%
Concello de Ribeira de Piquín
Un paraiso para todos os sentidos

Demografía

Demograficamente Ribeira de Piquín segue as tendencias da Galicia interior: poboación diseminada, como o demostra a súa baixa densidade media (15 hab./Km2), tendo retrocedido desde a segunda metade do século XIX por causas do éxodo rural dos anos 50.

Chao de Pousadoiro

A marcha dos seus poboadores atópase intimamente ligada á estrutura minifundista do terrazgo, á escasa mecanización e ás escasas probabilidades de supervivencia nun medio rural escasamente mecanizado e mal comunicado.

A súa poboación actual, que apenas supera os 1.000 habitantes, contrasta cos 2.229 de principios de século (censo de 1900), o cal supón un descenso de pouco máis do 50% do continxente poboacional.

 

Censo: 1.054 habitantes.

Densidade: 15 hab./Km2.