Proba outro tamaño de fonde: 60% 70% 80% 90%
Concello de Ribeira de Piquín
Un paraiso para todos os sentidos

Rutas Turísticas

Visitas ós xacementos arqueolóxicos

Todo o termo municipal posúe varios xacementos arqueolóxicos que poñen de manifesto o seu antigo poboamento, polo que na nosa visita poderemos admirar varias propostas, como son: Mámoas de Baos, castros de Teixeira, Cabaceira (Piquín) e, o Pico do Castro en Navallos. Ademáis, nas proximidades de A Insua atoparemos vestixios célticos ou precélticos.

Visita ós restos de Montefurado

Achegamento ó pasado romano destas terras, visitando as pegadas de antigas explotacións mineiras auríferas.

Visita á arquitectura relixiosa

Percorrido polo patrimonio artístico do termo municipal, visitando os templos parroquiais de Santabaia e San Xurxo de Piquín, Baos e Navallos.

Visita de interese natural

Percorrido polos bosques autóctonos do Concello, onde poderemos atopar distintas especies forestais e faunísticas. Ó longo da ruta atoparemos exemplares de trepadores azuis, azores; así como martas, gatos monteses o visóns.

Ribeira de Piquín