Proba outro tamaño de fonde: 60% 70% 80% 90%
Concello de Ribeira de Piquín
Un paraiso para todos os sentidos

Saúdo do Alcalde

Cascada Pena dos PortelosDende a Ribeira de Piquín quero enviar a todo o mundo unha mensaxe de fraternidade e de invitación a coñecernos.

Esta páxina en Internet é a nosa tarxeta de presentación, un primeiro achegamento a un concello que debe ser coñecido directamente, na realidade, por todos os que amen a liberdade e os espacios abertos, a natureza en estado puro.

Na Ribeira de Piquín, co maxestuoso río Eo aínda novo, cunhas paisaxes incomparables, con pegadas bimilenarias que a historia nos deixou, con gastronomía sinxela e popular, e co agarimo que as xentes da Galicia interior temos para todos os que nos visitan, abrimos francas as portas ó mundo, e convidamos a todos os que queiran descubrir as nosas riquezas naturais a que nos visiten. Desde ese momento, seremos amigos e quedarán conquistados pola nosa terra.

Agardámosvos na Ribeira. A nosa casa, tamén é vosa.

 

Roberto Fernández Rico
Alcalde de Ribeira de Piquín